Expediente: IN407A 2016/005-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: LMTS, CTC Cantalarrana.
Concello: Ames.
Características técnicas:
Liña de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 1,086 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS SNT-834, entre o CT Entrerríos (expediente 324/2005) e o CT Agrelo, nº 7 (expediente 542/2001), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en cela de liña do CT Entrerríos (expediente 324/2005).
Centros de transformación prefabricados nº 1, 2, 3, 4, 5 e 6, cunha potencia de 400 kVA cada un, e unha relación de transformación e 20.000/400-230 V.
Centros de transformación prefabricados nº 7 e 8, cunha potencia de 630 kVA cada un, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 15 de febreiro de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña