Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2016 Páx. 9304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación documentalmente simplificada, por procedemento negociado sen publicidade, do contrato non harmonizado das obras para instalación de centro de transformación, centro de seccionamento e liña subterránea ata 20 kV, para alimentación eléctrica do Centro Galego de Desenvolvemento Integral (Cegadi) para persoas con discapacidade física en Santiago de Compostela.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Número de expediente: 60/2015.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23922.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: obras para instalación de centro de transformación, centro de seccionamento e liña subterránea ata 20 kV, para alimentación eléctrica do Centro Galego de Desenvolvemento Integral (Cegadi), para persoas con discapacidade física en Santiago de Compostela.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 168.740,99 euros. IVE: 35.435,61 euros. Importe total: 204.176,60 euros.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 31 de decembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 4 de febreiro de 2016.

c) Contratista: Elecnor, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 137.190,45 euros (sen IVE).

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2016

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social