Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2016 Páx. 9331

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia

ANUNCIO da convocatoria de dúas cadeiras de académicos/as numerarios/as.

Convócanse, para a súa provisión, as cadeiras de académico/a numerario/a de Dermatoloxía e Aparello Dixestivo (Gastroenteroloxía).

Para aspirar a tales cadeiras cómpre ser español/a, posuír grao de doutor/a en Medicina, contar cun mínimo de dez anos de exercicio profesional ou de actividade científica, terse distinguido con publicacións orixinais sobre temas médico-cirúrxicos ou ben ter práctica de recoñecido prestixio e residir en Galicia.

Os/as aspirantes non se poderán presentar persoalmente senón que deberán ser presentados/as mediante proposta individualizada e asinada por tres académicos/as numerarios/as. Esta proposta deberá ir xunto co respectivo currículo do candidato/a e presentarase na Secretaría da Real Academia (r/ Durán Loriga, 10, 2º, 15003 A Coruña), no prazo de quince días naturais a partir da publicación deste anuncio.

A Coruña, 2 de febreiro de 2016

Francisco Martelo Villar
Académico numerario-secretario xeral
da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia