Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2016 Páx. 9341

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva do expediente de delimitación do núcleo rural de Xoaine, concello de Guntín (expediente PTU-LU-14/086).

O Concello de Guntín remite o expediente de referencia e solicita a súa aprobación definitiva, de acordo coa disposición adicional segunda da vixente Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Unha vez analizada a documentación achegada polo Concello, o proxecto datado en abril de 2015 e aprobado provisionalmente o 11 de agosto de 2015 polo Pleno, e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resultan:

I. Antecedentes.

I.1. O Concello de Guntín carece de instrumento de planeamento xeral, réxese polas normas de aplicación directa da LOUG e, no que non se opón a elas, polas normas complementarias e subsidiarias de planeamento provincial.

I.2. Tramitación do presente expediente.

Exposición pública (13.5.2014-13.6.2014), mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia do 12 de maio de 2014 e El Progreso e La Voz de Galicia do 13 de maio de 2014. Non se presentaron alegacións.

Informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (14.4.2014), favorable condicionado.

Aprobación provisional plenaria do 27.6.2014.

Redacción dunha nova versión do proxecto con data de setembro de 2014.

Segunda aprobación provisional plenaria (26.9.2014).

Resolución desta Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo (19.1.2015) en que se require a emenda dunha serie de puntos.

Elaboración dunha nova versión do proxecto con data de abril de 2015.

Terceira aprobación provisional plenaria (11.8.2015).

II. Emenda das deficiencias sinaladas pola SXOTU con data do 11.8.2015.

Tras analizar a documentación aprobada polo Concello Pleno do 11 de agosto de 2015 e posta en comparación coas observacións formuladas no requirimento da SXOTU do 28.4.2015, puidéronse comprobar as seguintes emendas, nomeadamente:

Categorízase a totalidade do núcleo como histórico-tradicional, recalcúlase a consolidación consonte o anterior e resulta maior do 50 %, de acordo co artigo 13 da LOUG.

O Concello remitiu o proxecto exposto ao público e con informe da DXPC.

A determinación 8.7 relativa aos perímetros de protección de dous xacementos arqueolóxicos, sinalados nos planos de ordenación, define a protección suficientemente cun perímetro xenérico, tipo buffer, de 200 m, aínda que este perímetro non estea grafado nos planos.

Eméndanse tamén varias erratas sinaladas polo requirimento.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG e co artigo 3.a), en relación coa disposición transitoria segunda do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais correspóndelle á Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución

Visto cánto antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar definitivamente a delimitación do núcleo rural de Xoaine, do concello de Guntín.

Segundo. Contra esta resolución cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Terceiro. Notifíqueselle ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2015

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ANEXO

missing image file