Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2016 Páx. 9566

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefatura do Servizo de Nefroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Por Resolución do 1 de outubro de 2014, da Xerencia da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés (DOG nº 211, do 4 de novembro), convocouse para a súa provisión, polo sistema de avaliación colexiada, o posto de xefatura do Servizo de Nefroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 47, do 7 de marzo), e a Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG nº 188, do 30 de setembro), modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), esta xerencia

RESOLVE:

1. Adxudicar o posto de xefatura do Servizo de Nefroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra a Luz Mª Cuiña Barja, aspirante que acadou a maior puntuación.

2. A aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da interesada os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarada nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

3. A aspirante seleccionada obterá un nomeamento para o desempeño do posto por un período inicial de catro anos de duración. Antes da finalización do referido período, a profesional seleccionada será avaliada para os efectos da súa prórroga, por idéntico período, ou remoción. Neste último caso, darase previamente audiencia á interesada.

4. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 16 de febreiro de 2016

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés