Advertido erro no prego de condicións administrativas particulares e prescricións técnicas publicado no perfil do contratante da Sociedade Municipal TUSSA (www.tussa.org), cómpre facer a seguinte corrección:
Corrección do cadro de persoal que hai que subrogar, que aparece recollido no artigo 21.3 do prego administrativo e no artigo 6 do anexo IV de prescricións técnicas.
O prego de condicións corrixido está á disposición dos licitadores na web da Sociedade: www.tussa.org
O prazo de quince días naturais previsto no anuncio de licitación comezará a computar desde o día seguinte ao da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2016
José Ramón Mosquera Ferreiro
Director xerente da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte
Urbano de Santiago, S.A. (TUSSA)