Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2016 Páx. 10303

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se modifica a Resolución do 4 de marzo de 2016 relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e ás puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014.

No Diario Oficial de Galicia nº 50, do 14 de marzo de 2016, publicouse a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 4 de marzo, relativa á aprobación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e ás puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014.

Advertidos erros na lista de puntuacións provisionais publicada na data indicada na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), este centro directivo, de conformidade coa base oitava da Resolución do 10 de decembro de 2014, de convocatoria do proceso selectivo

RESOLVE:

Primeiro. Modificar o punto segundo da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 4 de marzo de 2016 (Diario Oficial de Galicia nº 50, do 14 de marzo) coa publicación na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) dunha nova lista, coas puntuacións provisionais obtidas polos/as aspirantes presentados/as aos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014.

Segundo. Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes á súa publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

A reclamación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e deberá dirixirse á sede do tribunal para os efectos de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2016

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos