Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2016 Páx. 10323

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Asturias (Sala do Social)

EDICTO de notificación e emprazamento (recurso de suplicación 977/2015).

Eu, Evelia Alonso Crespo, letrada da Administración de xustiza da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Asturias, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 977/2015 desta sección, seguido por instancia de Hidroeléctrica del Cantábrico, S.A. contra Tamoin, Talleres y Montajes Industriales, S.A., Cofivacasa, S.A., Juliana López Hidalgo, Leibi García López, Montajes Nervión, S.A., Montajes Estrada, S.A., Duro Felguera, S.A., Montajes Metálicos Basauri, S.A., Ertank, S.A., Mantenimientos Especializados, S.A., Centunión Española de Coordinación Técnica y Financiera, S.A., Arcelor Mittal España, S.A., Grupo Ferroatlántica, S.A., Construcciones Ruafer, S.A., Fondo de Garantía Salarial, Ferroatlántica, S.A.U., sobre reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte resolución:

«Cédula de notificación e emprazamento:

No recurso de casación para a unificación de doutrina interposto pola representación procesual de Hidroeléctrica del Cantábrico, S.A., sendo parte recorrida Tamoin, Talleres e Montajes Industriales, S.A., Cofivasa, S.A., Julia López Hidalgo, Leibi García López, Montajes Nervión, S.A., Montajes Estrada, S.A., Duro Felguera, S.A., Montajes Hidráulicos Basauri, S.A., Ertank, S.A., Mantenimientos Especializados, S.A., Centurión Española de Coordinación Técnica y Financiera, S.A., Arcelor Mittal España, S.A., Grupo Ferroatlántica, S.A., Construcciones Ruafer, S.A., Fondo de Garantía Salarial, Ferroatlántica, foi ditada cédula de emprazamento co seguinte contido:

E para que sirva de notificación e emprazamento á parte que se empraza por medio da presente cédula, para que no termo de dez días compareza ante a Sala do Social Cuarta do Tribunal Supremo a facer uso do seu dereito no recurso interposto, para que sirva de emprazamento en forma a Mantenimientos Especializados, S.A. e Ertank, S.A., expido esta cédula en Oviedo o vinte e cinco de febreiro de dous mil dezaseis».

E para que sirva de notificación en legal forma e localización a Mantenimientos Especializados, S.A. e Ertank, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no BOPA. Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Oviedo, 1 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza