Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2016 Páx. 10470

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 8 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

BDNS (Identif.): 302392.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Empresarios e persoas físicas e xurídicas sen ánimo de lucro que promovesen as intervencións arqueolóxicas comprendidas no ámbito desta orde, desenvoltas en bens inmobles de titularidade privada, que cumpran os seguintes requisitos:

Que as actuacións arqueolóxicas estean autorizadas e fosen realizadas desde o ano 2014 en diante e estean finalizadas na data de publicación desta orde.

Que as actuacións se desenvolvesen conforme os proxectos arqueolóxicos presentados e se cumprisen as obrigas de responsabilidade da dirección de acordo co establecido no Decreto 199/1997, que regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Que se acredite a presentación e a entrega dos correspondentes informes valorativos ou das memorias técnicas e da acta de depósito dos materiais de acordo co citado Decreto 199/1997.

Segundo. Finalidade

A concesión de axudas, polo procedemento abreviado de concorrencia non competitiva, aos promotores particulares de calquera tipo de obras que afecten un conxunto histórico, zona arqueolóxica ou xacementos catalogados ou inventariados, nos casos en que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou a figura de planeamento vixente determine a necesidade de realizar intervencións arqueolóxicas, en concepto de colaboración no financiamento do custo da execución do proxecto arqueolóxico realizado de acordo cos requisitos establecidos no artigo 61 de la Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 8 de marzo de 2016, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Cuarto. Importe

Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito total de 50.000 euros coa seguinte distribución por aplicacións orzamentarias:

10.21.433A.770.0: 25.000,00 €.

10.21.433A.781.2: 25.000,00 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria