Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2016 Páx. 10518

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (522/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 522/2013, por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Century, S.L. sobre seguridade social, nos cales foi ditada sentenza en data 27.1.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Estimar parcialmente a demanda formulada por Mutua Gallega contra á empresa Century 22, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Century 22, S.L. a aboar á Mutua Gallega a cantidade de catro mil cento oitenta euros con vinte e seis céntimos de euro (4.180,26 euros) en concepto de prestacións derivadas de accidente de traballo anticipadas pola Mutua Gallega, debendo responder subsidiariamente da cantidade de dous mil cincocentos cincuenta euros con corenta céntimos de euro (2.550,40 euros) o Instituto Nacional da Seguridade Social, como sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social como servizo de caixa única.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, sendo suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Century 22, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 2 de marzo de 2016

A secretaria xudicial