Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2016 Páx. 10893

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se fan públicas a convocatoria e a orde do día da sesión do XI Pleno do Consello de Comunidades Galegas.

En cumprimento do establecido no artigo 16 do Decreto 111/2015, do 6 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, coa conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Facer pública a convocatoria e a orde do día da sesión do Pleno do Consello de Comunidades Galegas, que terá lugar os días 27 e 28 de maio de 2016 na Habana (República de Cuba).

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2016

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO
Orde do día da sesión do XI Pleno do Consello de Comunidades Galegas,
que terá lugar os días 27 e 28 de maio de 2016 na Habana (República de Cuba)

1. Constitución do Pleno e apertura da sesión.

2. Aprobación da acta do X Pleno do Consello de Comunidades Galegas.

3. Exposición das liñas de actuación da Secretaría Xeral da Emigración.

4. Constitución e desenvolvemento dos relatorios.

5. Elección das comunidades galegas representantes na Comisión Delegada do XI Pleno do Consello de Comunidades Galegas.

6. Lectura e aprobación das conclusións dos relatorios.

7. Rolda de intervencións libres.

8. Proclamación e nomeamento das comunidades galegas electas na Comisión Delegada do XI Pleno do Consello de Comunidades Galegas.

9. Clausura do Pleno.