Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11299

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 14 de marzo de 2016 pola que se notifica resolución de procedemento administrativo sancionador devolto polo servizo de Correos por non ser posible a notificación (expediente 12-48-15-89).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cuxos datos persoais e último domicilio coñecido no anexo se mencionan, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG núm. 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado pola Resolución do 1 de setembro de 2008 no DOG núm. 190, do 1 de outubro. O prazo para interpor este recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario o importe da sanción, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2016

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto
infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 12-48-15-89

Celador do porto

Frigo Atlantic 2011, S.L.

R/ Eirexa, nº 316, lugar de Olveira

15969 Ribeira (A Coruña)

Estacionamento prohibido.

20.7.2015; 9.30 horas;

Ribeira (A Coruña)

Art. 306.1 a) RDLex. 2/2011 TRLPEMM

Arts. 17 e 64

OM 12.6.1976

Art. 312 RDLex. 2/2011 TRLPEMM

90,15 €