Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 11 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2015194TA-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 23 de febreiro de 2016, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2015194TA-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Ana María Rodríguez Arias.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Ana María Rodríguez Arias o contido da citada proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 11 de marzo de 2016

P.S. (Decreto 33/2014, do 6 de marzo; DOG do 18 de marzo)
Beatriz Roca Castro
Xefa do Servizo de Xestión de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2015194TA-LU.

Interesada: Ana María Rodríguez Arias.

DNI: 33337712V.

Último enderezo coñecido: Campo da Feira, 8, 27120 Castroverde.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Sanción proposta: arquivamento do expediente.