Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11236

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza do 10 de novembro de 2015, ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Quinta do Tribunal Supremo.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Quinta da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, con data do 10 de novembro de 2015, ditou sentenza no recurso de casación núm. 1658/2014, contra a sentenza pronunciada, con data do 20 de febreiro de 2014, pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, no procedemento ordinario 4530/2008, interposto pola Asociación Alternativa Veciñal de Vigo. Esta sentenza, que devén firme, na súa parte dispositiva literalmente di:

«1. Que debemos declarar e declaramos que procede o recurso de casación interposto en representación da Asociación Alternativa Veciñal de Vigo contra a sentenza da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 20 de febreiro de 2014 (recurso contencioso-administrativo 4530/2008), que agora queda anulada e sen efecto.

2. Que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto en representación da citada asociación contra a Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte da Xunta de Galicia, do 16 de maio de 2008, pola que se aproba definitiva e parcialmente o Plan xeral de ordenación urbana de Vigo, e contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 13 de xullo de 2009 pola que se aproba definitivamente o documento de cumprimento da citada orde en canto ás cuestións que nela quedaron en suspenso, e, en consecuencia, debemos declarar e declaramos a nulidade da referidas ordes aprobatorias do Plan xeral de ordenación urbana de Vigo.

3. Non facemos imposición de custas no proceso de instancia e cada parte debe correr coas súas no recurso de casación».

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2016

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo