En cumprimento do establecido nos artigos 58, 59.5, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, mediante esta cédula notifícaselles ás persoas interesadas, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, a resolución de concesión de subvención do programa de axudas ao alugamento Plan estatal 2013-2016.
Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo desta cédula, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situadas na rúa Sáenz Díez, núm. 1, 32003 de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas interesadas que a resolución relacionada no anexo non pon fin á vía administrativa e que poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes (artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento común) a partir do día seguinte ao da súa notificación.
A eficacia desta cédula quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Ourense, 26 de febreiro de 2016
Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense
ANEXO
Expediente: 201532ALUG01119Q.
Nome e apelidos: Gador María Regueira Lavandeira.
DNI/NIE: 53308287Z.
Enderezo: avenida de Zamora, núm. 79, 3º B.
CP: 32005.
Concello: Ourense.
Trámite: resolución de concesión de subvención.
Expediente: 201532ALUG00252T.
Nome e apelidos: Florentina Laura Durac.
DNI/NIE: Y1242626L.
Enderezo: rúa Coruña, núm. 5, 4º esq.
CP: 32005.
Concello: Ourense.
Trámite: resolución de concesión de subvención.