Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2016 Páx. 11488

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Padrón (expediente IN407A 2016/026-1).

Expediente: IN407A 2016/026-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: adecuación LMT PAD801/802.

Concello: Padrón.

Características técnicas:

Adecuación tramo liña eléctrica de media tensión aérea (actuación nº 1), a 20 kV, nunha lonxitude de 0,305 km, coa orixe en apoio proxectado en LMT PAD801/802, en condutor LA-110 mm2 Al e final en apoio existente en LMT PAD801/802.

Adecuación tramo liña eléctrica de media tensión aérea (actuación nº 2), a 20 kV, nunha lonxitude de 0,163 km, coa orixe en apoio proxectado en LMT PAD801/802, en condutor LA-56 mm2 Al e final en apoio existente en LMT a CCTT 15AX48 e 15AX49.

Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 1) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,371 km, coa orixe na subestación de Padrón, en condutores tipo RHZ1-20L (S) 12/20 kV 1×240 mm2 Al e RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en apoio proxectado en LMT PAD801/802.

Liña eléctrica de media tension subterránea (actuación nº 2) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,371 km, coa orixe na subestación de Padrón, en condutores tipo RHZ1-20L (S) 12/20 kV 1×240 mm2 Al e RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en apoio proxectado en LMT PAD801/802.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte (20) días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 1 de marzo de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña