Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2016 Páx. 11534

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meira

ANUNCIO de aprobación da modificación do Plan xeral de ordenación urbana.

O Pleno do Concello de Meira, reunido na sesión extraordinaria o día 3 de marzo de 2016, adoptou por unanimidade dos seus membros o seguinte acordo:

• Aprobación da modificación do uso dotacional previsto na ordenación urbanística vixente da parcela sita neste termo municipal, soar sito entre a rúa Grupo Escolar e a rúa Frei Vidal, no que actualmente se atopa una construción que no seu día pretendía acoller a escola de música municipal e que actualmente ten a cualificación de edificación aberta deportiva recreativa.

Con esta modificación plenaria, feita ao abeiro do artigo 47.4 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (Louga), que sinala:

«O Concello en pleno, por maioría absoluta e sen necesidade de seguir o procedemento de modificación do planeamento, poderá acordar o cambio do uso dos terreos reservados para equipamentos públicos por outro de uso dotacional público distinto, sempre que se manteña a titularidade pública ou se destine a incrementar as zonas verdes e espazos libres públicos».

Con este acordo plenario, procédese á modificación da ordenanza RED (recreativo de espectáculo deportivo) do vixente Plan de ordenación urbana de Meira, incluíndo, para a parcela sinalada no parágrafo primeiro, como uso compatible o grao 5º regulado na ordenanza sanitario-asistencial do citado planeamento, coa finalidade de poder levar a cabo a construción dunha residencia para persoas maiores e centro de día.

O dito acordo de modificación será comunicado á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia de acordo co disposto no artigo 92.3 da Louga.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Meira, 4 de marzo de 2016

Antonio de Dios Álvarez
Alcalde