Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 31 de marzo de 2016 Páx. 11645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 11 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o cambio de uso forestal a agrícola de varios predios rústicos na parroquia de Santa María de Valonga, no concello de Pol (Lugo), promovido por Luís Díaz Villamide (clave 2015/0044).

De conformidade co artigo 47.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 9 de marzo de 2016, sobre o cambio de uso forestal a agrícola de varios predios rústicos na parroquia de Santa María de Valonga, no concello de Pol (Lugo), promovido por Luís Díaz Villamide.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón: http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental