Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 31 de marzo de 2016 Páx. 11649

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2015/145-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Mercadona, S.A.

Domicilio social: rúa Valencia, 5, 46016 Tavernes Blanques.

Título: LMTS, CS estrada da N-552/estrada subida a Cedeira.

Situación: Redondela.

Descricións técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ1 de 1.048 metros de lonxitude (524×2) con orixe e final no tramo de liña RED7110055 unha vez que entre e saia do CS proxectado. Centro de seccionamento con celas equipadas con aparellaxe fixa, baixo envolvente metálica, con corte en SF6, situado na estrada N-552, esquina coa estrada de subida a Cedeira, Redondela.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de doce (12) meses a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra