A sociedade Norvento, S.L. formulou a solicitude de declaración de utilidade pública para o parque eólico Neda, promovido pola dita sociedade nos concellos de Abadín e A Pastoriza.
De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por ser estes descoñecidos ou por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.
As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, planta 4ª, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2016
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas
ANEXO
Predio do proxecto nº |
Polígono |
Parcela/s |
Concello |
Interesado |
Acto que se notifica |
11 |
501 |
30 |
Abadín |
Descoñecido |
Solicitude de utilidade pública |
17 |
501 |
22 |
Abadín |
César Díaz Rodríguez |
Solicitude de utilidade pública |
25 |
501 |
15 |
Abadín |
María Josefa López Bouza |
Solicitude de utilidade pública |
25a |
501 |
44 |
Abadín |
Descoñecido |
Solicitude de utilidade pública |
25b |
501 |
45 |
Abadín |
Descoñecido |
Solicitude de utilidade pública |
30 |
501 |
13 |
Abadín |
Descoñecido |
Solicitude de utilidade pública |
54 |
3 |
19 |
A Pastoriza |
Francisco Javier Neira Estrada |
Solicitude de utilidade pública |
54 |
3 |
19 |
A Pastoriza |
Juan Neira Estrada |
Solicitude de utilidade pública |
57 |
3 |
21 |
A Pastoriza |
Descoñecido |
Solicitude de utilidade pública |
59 |
3 |
28 |
A Pastoriza |
Rosendo Alonso Lorenzo |
Solicitude de utilidade pública |