Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 31 de marzo de 2016 Páx. 11682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a contratación suxeita a regulación harmonizada, por procedemento aberto, documentalmente simplificado e tramitación ordinaria, do servizo de limpeza de diversas instalacións dependentes desta xefatura territorial (expediente 4/2016, seis lotes).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2º. Domicilio: rolda da Muralla, 70, baixo.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27071.

4º. Teléfono: 982 29 41 01. Fax: 982 29 49 74.

5º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es.

6º. Data límite de obtención de documentos e información: ata o final do prazo de presentación das proposicións.

d) Nº de expediente: 4/2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de limpeza de diversas instalacións dependentes da Xefatura Territorial de Lugo.

c) División por lotes e número de lotes: seis lotes.

Lote 1: limpeza da Residencia de Maiores As Gándaras.

Lote 2: limpeza de cristais na Residencia de Maiores de Burela.

Lote 3: dependencias administrativas do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal.

Lote 4: limpeza de centros sociocomunitarios.

Lote 5: limpeza da Casa da Xuventude de Chantada.

Lote 6: Residencia de Maiores de Monforte de Lemos.

d) Lugar de execución:

Lote 1: Residencia de Maiores As Gándaras (Lugo).

Lote 2: Residencia de Maiores de Burela (Burela).

Lote 3: dependencias administrativas do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal (Lugo).

Lote 4: Centro Sociocomunitario A Milagrosa (Lugo).

Centro Sociocomunitario de Ribadeo (Ribadeo).

Centro Sociocomunitario de Mondoñedo (Mondoñedo).

Lote 5: Casa da Xuventude de Chantada (Chantada).

Lote 6: Residencia de Maiores de Monforte de Lemos (Monforte de Lemos).

e) Prazo de execución: 4 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: ver prego.

4. Orzamento de licitación:

– Lote 1: importe neto: setenta e nove mil trescentos trinta e oito euros con oitenta e catro céntimos (79.338,84 €).

IVE (21 %): dezaseis mil seiscentos sesenta e un euros con dezaseis céntimos (16.661,16 €).

Importe total: noventa e seis mil euros (96.000 €).

– Lote 2: importe neto: sete mil novecentos trinta e tres euros con oitenta e oito céntimos (7.933,88 €).

IVE (21 %): mil seiscentos sesenta e seis euros con doce céntimos (1.666,12 €).

Importe total: nove mil seiscentos euros (9.600 €).

– Lote 3: importe neto: seis mil seiscentos once euros con cincuenta e sete céntimos (6.611,57 €).

IVE (21 %): mil trescentos oitenta e oito euros con corenta e tres céntimos (1.388,43 €).

Importe total: oito mil euros (8.000 €).

– Lote 4: importe neto: dezaseis mil cincocentos vinte e oito euros con noventa e tres céntimos (16.528,93 €).

IVE (21 %): tres mil catrocentos setenta e un euros con sete céntimos (3.471,07 €).

Importe total: vinte mil euros (20.000 €).

– Lote 5: importe neto: catro mil douscentos noventa e sete euros con cincuenta e dous céntimos (4.297,52 €).

IVE (21 %): novecentos dous euros con corenta e oito céntimos (902,48 €).

Importe total: cinco mil douscentos euros (5.200 €).

– Lote 6: importe neto: vinte e sete mil douscentos setenta e dous euros con setenta e tres céntimos (27.272,73 €).

IVE (21 %): cinco mil setecentos vinte e sete euros con vinte e sete céntimos (5.727,27 €).

Importe total: trinta e tres mil euros (33.000 €).

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 25 de abril de 2016.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia de Lugo.

2º. Domicilio: rolda da Muralla, 70, baixo.

3º Localidade e código postal: Lugo 27071.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o adxudicatario estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Lugo, na hora e na data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/.

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 16 de marzo de 2016

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo