Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 31 de marzo de 2016 Páx. 11631

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (35/2012).

Álvaro Garrido Rodríguez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, polo presente,

Anuncio:

Que no presente procedemento ordinario seguido por instancia de C.P. Rúa Seixalbo, 3, contra Leidove, S.L., José Luis Rodríguez Portugal Maceda, Agustín Ramos Bastarrica, José Ramón Sánchez Feijoo, Musaat, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Luis Doval Pérez, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense e o seu partido, no día de hoxe, 11 de xaneiro de 2016, os presentes autos de xuízo ordinario número 35/2012, seguidos neste xulgado por instancia da Comunidade de Propietarios do número 3 da rúa Seixalbo de Ourense, representada pola procuradora Sra. Ogando Vázquez e asistida pola letrada Sra. Rúa Pazos, contra:

– A empresa Leidove, S.L., en situación de rebeldía procesual.

– José Luis Rodríguez Portugal Maceda, representado pola procuradora Sra. Crespo Damota e asistido polo letrado Sr. Mondelo García.

– José Ramón Sánchez Feijoo, representado pola procuradora Sra. Ortiz Fuentes e asistido pola letrada Sra. López Vázquez.

– Agustín Ramos Bastarrica representado pola procuradora Sra. Ortiz Fuentes e asistido pola letrada Sra. López Vázquez.

– A compañía de seguros Musaat representada pola procuradora Sra. Ortiz Fuentes e asistida pola letrada Sra. López Vázquez.

Decido:

1. Que, estimando en parte a demanda interposta pola procuradora Sonia Ogando, en nome e representación da Comunidade de Propietarios do edificio situado na rúa Seixalbo, número 3 de Ourense, contra a entidade Leidove, S.L., declaro que o edificio presenta as deficiencias ou vicios construtivos indicados polo perito José M. Des Muradás, e condeno a demandada a indemnizar a demandante coa cantidade de 88.061,82 euros máis o IVE correspondente, así como ao importe das licenzas e permisos necesarios para a execución da obra.

A indemnización producirá o xuro legal computado desde a interposición da demanda.

2. Absolvo José Luis Rodríguez Portugal Maceda, José Ramón Sánchez Feijóo, Agustín Ramos Bastarrica e a compañía aseguradora Musat das pretensións exercidas contra eles por prescrición da acción, sen expresa imposición das custas procesuais causadas».

E encontrándose o devandito demandado, Leidove, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 23 de febreiro de 2016

O secretario xudicial