Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 31 de marzo de 2016 Páx. 11638

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (execución de títulos xudiciais 6/2016).

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 558/2012

Sobre ordinario

Demandante: Santiago Blanco Lesta

Avogada: María Sol Romero Salgado

Demandados: Martínez Cebreiro, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial)

Eu María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 6/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Blanco Lesta contra Martínez Cebreiro, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decreto:

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2016.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Por parte de Santiago Blanco Lesta foi presentada solicitude de execución de sentenza nº 340/15 ditada no PO 558/12 fronte a Martínez Cebreiro, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) e, atendendo á devandita solicitude, en data 27.1.2016 este órgano xudicial ditou auto en que despacha orde xeral de execución pola cantidade de 15.011,26 euros de principal (6.786,56 euros de salarios + 2.294,42 euros de xuros do artigo 29.3 ET + 5.930,28 euros de indemnización) e de 1.501,12 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Segundo. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada Martínez Cebreiro, S.L., realizada por decreto de data 4.2.2013, ditado por este xulgado.

Terceiro. Para cumprir o requisito que se contén no artigo 276.3 da LXS ditouse, con data do 27.1.2016 decreto en que se dá audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen, se é o caso, a existencia de novos bens co resultado que consta en autos.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, iso será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións, e poderase ditar o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei, debendo darse audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens.

Segundo. Na presente executoria cumpríronse os requisitos e trámites de indagación de bens establecidos nos artigos 250 e 276 da LXS, que supón concluír respecto da executada a pervivencia da situación de insolvencia ao non se coñecer novos bens daquela sobre os que facer efectivas as actividades de execución, polo que procede, cumprindo o efecto previsto no artigo 276.2 da LXS declarar a insolvencia total, que se deberá entender provisional para todos os efectos, ata que se coñezan novos bens ao executado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar ao executado Martínez Cebreiro, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 15.011,26 euros de principal (6.786,56 euros de salarios + 2.294,42 euros de xuros do artigo 29.3 ET + 5.930,28 euros de indemnización) e de 1.501,12 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, no seu caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. debendo indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Martínez Cebreiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2016

A secretaria xudicial