De conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a suspensión da instrución do expediente sancionador por infracción na orde social (materia seguridade e saúde), devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario, ao iniciarse dilixencias pre-procesuais de investigación na orde xurisdicional penal.
Empresa: Escenarent, S.L.
Enderezo: lugar Arcos da Condesa, km 101, 36650 Caldas de Reis, Pontevedra.
NIF: B36463446.
Expediente: 03/2016.
Lugo, 14 de marzo de 2016
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo