De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, o Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22944
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 128, do 9 de xullo de 2015.
2. Obxecto do contrato.
Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.
Descrición: servizo de redacción do Plan director do Mosteiro de Santa María de Montederramo, en Montederramo-Ourense.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: 48.000 €, IVE excluído.
5. Formalización do contrato.
a) Data da adxudicación: 3 de marzo de 2016.
b) Data da formalización do contrato: 14 de marzo de 2016.
c) Contratista: B.A.B. Arquitectos, S.L.P.
d) Importe de adxudicación: 31.680 €, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2016
P.D. (Orde 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria