Convocada por Resolución do 7 de outubro de 2015 (DOG núm. 202, do 22 de outubro), a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Anatomía Patolóxica, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG núm. 199, do 15 de outubro), polo que se establece a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde,
RESOLVE:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Anatomía Patolóxica, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, convocada por Resolución do 7 de outubro de 2015 (DOG núm. 202, do 22 de outubro).
Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.
Terceiro. De conformidade coa base décima, o candidato nomeado será avaliado, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.
Cuarto. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres (3) días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince (15) días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional, ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2016
Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela
ANEXO
Posto: xefe do Servizo de Anatomía Patolóxica.
Nome e apelidos: José Ramón Antúnez López.
DNI: 33235728S.