Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 858/2013 por instancia de Enrique González Portela contra a empresa Complejo San Roque, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 8 de marzo de 2016, que copiada nos particulares necesarios di así:
«Decisión.
Estímase a demanda interposta por Enrique González Portela fronte a Complejo San Roque, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e estímase a excepción de prescrición oposta por este último e en consecuencia:
– Condénase a Complejo San Roque, S.L. a aboarlle ao traballador Enrique González Portela a cantidade de oito mil trescentos cincuenta e un euros con cincuenta e un céntimos (8.351,51 euros); devindican os conceptos salariais o 10 % de xuro moratorio, sen que tales cantidades vinculen o Fondo de Garantía Salarial.
Notifíqueselles a presente resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución; abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este juzgado, e farase constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña.
E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Complejo San Roque, S.L., expido e asino o presente edicto.
A Coruña, 14 de marzo de 2016
O secretario xudicial