Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 6 de abril de 2016 Páx. 12185

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 28 de marzo de 2016 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de postos de persoal directivo na Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Por Orde desta consellería do 4 de febreiro de 2016 (DOG núm. 33, do 18 de febreiro), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de postos directivos na Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 4 de febreiro de 2016 (DOG núm. 33, do 18 de febreiro), para os efectos previstos no número 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segundo. Seleccionar e nomear, para o desempeño dos postos que se indican, as persoas que figuran no anexo I desta orde.

Terceiro. Seleccionar, para o desempeño do posto que se indica, a persoa que figura no anexo II desta orde, para os efectos de que se proceda á súa vinculación mediante contrato laboral de alta dirección.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2016

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Posto: director/a de Procesos Asistenciais.

Nome e apelidos: Antonio Álvarez García.

DNI (*): *****633K.

Posto: xerente executivo/a de Verín.

Nome e apelidos: María Guillermina Agulla Budiño.

DNI (*): *****986P.

ANEXO II

Posto: xerente executivo/a do Barco de Valdeorras.

Nome e apelidos: Ciro Andrés Cabezas Checchi.

DNI (*): *****113X.

* Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.