Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx. 12474

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 29 de marzo de 2016, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 36R001/317/2015.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59 sen que esta se puidese practicar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Pontevedra, con enderezo no Paseo de Cervantes, 7, 1º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 29 de marzo de 2016

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36R001/317/2015.

Interesado: José Manuel Picallo Servide (Sellerzone).

CIF/NIF: 52472695N.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.