Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx. 12432

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (147/2015).

SSS. Seguridade social 147/2015

Procedemento de orixe: sobre seguridade social

Demandante: Fátima Aboal Fernández

Avogada: Isabel Sueiro Torres

Demandados: Instituto Nacional da Seguridade Social, José Ramón Carragal Rial, Talleres Mecánicos Camiña, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de seguridade social 147/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fátima Aboal Fernández contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, José Ramón Carragal Rial, Talleres Mecánicos Camiña, S.L. e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo:

Desestimando a demanda interposta por Fátima Aboal Fernández contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, José Ramón Carragal Rial e Talleres Mecánicos Camiña, S.L., absolvo os demandados das pretensións exercidas na súa contra.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de cinco días, conforme dispoñen os artigos 192 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

Así o pronuncio, mando e asino».

Para que lles sirva de notificación en legal forma a José Ramón Carragal Rial e Talleres Mecánicos Camiña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 11 de marzo de 2016

A secretaria xudicial