Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx. 12419

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO de notificación de sentenza (2619/2015 BC).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento do recurso de suplicación 2619/2015 desta sección, seguido por instancia de María Jesús Balsa Rodríguez contra Encarnación Alonso Mallo, Ángela Eiroa Alonso (Turquesa Fiesta) sobre reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola demandante María Jesús Balsa Rodríguez, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 desta capital, nos presentes autos tramitados por instancia da recorrente contra a empresa Encarnación Alonso Mallo e Encarnación Alonso Mallo-Turquesa Fiesta, debemos confirmar e confirmamos a devandita sentenza.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ángela Eiroa Alonso (Turquesa Fiesta), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza