Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx. 12452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2016/1-2, 8309 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro,(BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: modificación LP Montirón-tramo Ponte Chanca.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. LMT aérea con orixe no apoio 18 existente e final no apoio 19 proxectado tipo C-3000-18, cunha lonxitude de 206 metros en condutor LA-56.

2. LMT aérea con orixe no apoio 23-bis proxectado tipo C-3000-20 e final no apoio 25 existente, cunha lonxitude de 245 metros en condutor LA-56.

3. LMT subterránea con orixe no apoio 19 proxectado e final no apoio 23-bis proxectado cunha lonxitude de 232 metros en condutor RHZ1-150.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 16 de marzo de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo