Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx. 12466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 29 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, polo que se notifica a interesada para que acredite a representación no recurso de reposición interposto contra a Resolución do 15 de xullo de 2015 no expediente AI0563789 5, en materia de liquidación de prezos públicos por servizos de rescate.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a interesada que se sinala no anexo deste anuncio para que acredite a representación no recurso de reposición interposto contra a resolución ditada pola secretaria xeral técnica por delegación da conselleira o 15 de xullo de 2015, en materia de liquidación de prezos públicos polos servizos de rescate.

De acordo co disposto nos artigos 32 e 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a interesada deberá achegar a dita representación no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ao seguinte enderezo:

Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Indícaselle que, de non presentar a documentación requirida no prazo indicado anteriormente, se dará por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Expediente: Resolución do 15 de xullo de 2015 pola que se liquida o prezo público polos servizos de rescate dun tripulante do buque pesqueiro Okata (AI0563789 5).

Recorrente: Velay Pecheries, SARL.

Acto de notificación: requirimento de acreditación da representación no recurso de reposición interposto contra a resolución ditada no expediente anteriormente citado.

Último domicilio coñecido: peirao de Oza, 50, 15006 A Coruña.