Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx. 12429

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (525/2013).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 525/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre seguridade social, se ditou Resolución con data do 11 de marzo de 2016 contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días, e fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Técnicas Avanzadas en Placa, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de marzo de 2016

O letrado da Administración de xustiza