Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 8 de abril de 2016 Páx. 12808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 14 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2015115AM-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data 4 de febreiro de 2016, o instrutor do expediente sancionador 2015115AM-OU formulou a proposta de resolución á entidade Conforma Consulting, S.L. (CIF B32423097), con enderezo na rúa Otero Pedrayo, 42-B de Ourense.

Tras intentar a notificación desta proposta segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible a súa práctica, por medio da presente cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle á entidade Conforma Consulting, S.L. (CIF B32423097), con enderezo na rúa Otero Pedrayo, 42-B, Ourense, o contido da referida proposta de resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte á publicación da presente cédula. Lémbráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense, e obter, de ser o caso, unha copia, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 14 de marzo de 2016

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2015115AM-OU.

Interesada: Conforma Consulting, S.L.

DNI/NIF/CIF: B32423097.

Último enderezo coñecido: rúa Otero Pedrayo, 42-B, Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Real decreto 865/2003, do 4 de xullo.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: seiscentos euros (600,00 €).