Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 8 de abril de 2016 Páx. 12594

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 22 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2015/16.

BDNS (identif.): 302966.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións ( http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index ):

Primeiro. Beneficiarias

Asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais de alumnado legalmente constituídas que xestionan os comedores escolares nos centros públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria e/ou o segundo ciclo de educación infantil.

Segundo. Obxecto

Axudas económicas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 22 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2015/16.

Publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contía

Importe total da convocatoria: 522.998 €.

Porcentaxe da axuda: ata un máximo do 50 % do custo do servizo de comedor do centro escolar correspondente.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 22 de marzo de 2016 no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria