Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 8 de abril de 2016 Páx. 12849

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 4 de abril de 2016, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lle dá audiencia ao interesado no procedemento de baixa da clasificación turística e da cancelación da inscrición dun establecemento no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle e outórgaselle audiencia ao titular do establecemento da provincia da Coruña que se relaciona, no procedemento de baixa e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

O titular dispón dun prazo de quince (15) días para facer as alegacións que considere pertinentes, e poderá examinar o expediente e obter copia dos documentos contidos nel na Área Provincial da Coruña.

A Coruña, 4 de abril de 2016

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: Hotel Sada Marina.

Titular: Sada Hostelería, S.L.

NIF: B15532369.

Enderezo: Paseo Marítimo, s/n.

Concello: 15160 Sada.