Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 8 de abril de 2016 Páx. 12561

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Medio Rural

DECRETO 39/2016, do 7 de abril, polo que se dispón que cese Antonio Crespo Iglesias como director xeral de Desenvolvemento Rural.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira do Medio Rural, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día sete de abril de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Antonio Crespo Iglesias, como director xeral de Desenvolvemento Rural, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, sete de abril de dous mil dezaseis

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural