En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Consellería do Medio Rural.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de servizos.
b) Descrición do obxecto: servizo de dous (2) avións de carga en terra con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais durante a precampaña 2016.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23937
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 23, do 4 de febreiro de 2016.
e) División por lotes e número: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.
4. Orzamento de licitación.
Importe total: 201.300,00 € (exento de IVE).
Valor estimado: 201.300,00 €.
5. Financiamento: fondos propios.
6. Adxudicación e formalización do contrato.
a) Data da resolución de adxudicación: 7 de marzo de 2016.
b) Adxudicataria: Martínez Ridao Aviación, S.L.
c) Importe: 201.300,00 € (exento de IVE).
d) Data de formalización do contrato: 8 de marzo de 2016.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta admitida á licitación e cumpriu cos requisitos técnicos exixidos nos pregos.
Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2016
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural