Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 8 de abril de 2016 Páx. 12837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de marzo de 2016 pola que se notifica a resolución de imposición dunha primeira multa coercitiva, derivada do expediente sancionador P-UL-71.01/03, devolta polo servizo de Correos por resultar a destinataria ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 5 de febreiro de 2016, ditou resolución pola cal se impón unha primeira multa coercitiva derivada do expediente sancionador P-UL-71.01/03, que foi incoado pola realización de obras executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, consistentes na construción de vivendas na praia de Ouriceira, no termo municipal de Poio (Pontevedra).

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a Purificación Ferro Varela (IU2/45/2015), mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situada no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución a interesada pode interpoñer recurso de reposición, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á destinataria arriba indicada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística