Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 11 de abril de 2016 Páx. 13047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de transporte e distribución de mostras clínicas, correspondencia e outros ás unidades e servizos dependentes desta xerencia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número do expediente: AB-EIL1-15-021.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de transporte e distribución de mostras clínicas, mobiliario e enxoval, mensaxaría, lenzaría, produtos farmacéuticos e outros produtos necesarios para a prestación dos servizos con destino ás unidades e servizos dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) Lotes (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 60100000-9.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE, DOG, Plataforma de contratación pública de Galicia e perfil do contratante.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE, perfil do contratante e Plataforma de contratación pública de Galicia do 9 de outubro; BOE do 13 de outubro e DOG do 20 de outubro de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 817.920,00 euros, IVE non incluído.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 340.800,00 euros. Importe total: 412.368,00 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 11 de febreiro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 1 de marzo de 2016.

c) Contratista: Correos Express Paquetería Urgente, S.A. (A28799120).

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 294.216,48 euros. Importe total: 356.001,94 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación do 11 de febreiro de 2016.

Lugo, 14 de marzo de 2016

Ramón Rico Ares
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos