Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 11 de abril de 2016 Páx. 13031

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2016, do Servizo da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, con trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da senda peonil, estrada AC-543, Santiago de Compostela-Noia, p.q. 0+000 ao 2+000, concello de Santiago de Compostela (clave AC/13/088.06).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 25 de xaneiro de 2016, a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas procedeu á aprobación do proxecto de construción da senda peonil, estrada AC-543, Santiago de Compostela-Noia, p.q. 0+000 ao 2+000, Concello de Santiago de Compostela (clave AC/13/088.06).

Con data do 11 de febreiro de 2016, a Xunta de Galicia procedeu á declaración da utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para os efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 18/2016, publicado no DOG núm. 39, do 26 de febreiro.

Na súa virtude e, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolve convocar os titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no lugar, na data e na hora que se citan, para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Concello de Santiago de Compostela. Local social de Laraño.

Data: 29 de abril de 2016.

Hora: das 10.00 ás 13.00 horas.

Número de predio: do 1 ao final.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán expostos no Concello de Santiago de Compostela e no Servizo da Delegación Provincial da Coruña da Axencia Galega de Infraestruturas, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 8º andar, 15071 A Coruña.

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, DNI e último recibo da contribución, e poden acompañarse, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e dun notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo da Delegación Provincial da Coruña, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 21 de marzo de 2016

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo da Delegación Provincial da Coruña