Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 11 de abril de 2016 Páx. 13011

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 18 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente LU-RES 2015/169 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e doutras medidas de reforma administrativa, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron acordados pola Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A comparecencia deberase efectuar na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede da Xefatura Territorial é rolda da Muralla, nº 70, 2º (Lugo).

O prazo para realizar a comparecencia será de dez días. Ese prazo comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Unha vez transcorrido o prazo de dez días desde a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da dita publicación.

Lugo, 18 de marzo de 2016

P.S. (Resolución 8.2.2016)
Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

LU-RES 2015/169

José Luis Montoya Larralde

Resolución de procedemento sancionador

LU-RES 2016/024

Regino Mendes

Iniciación de procedemento sancionador

LU-RES 2016/028

Costel Gracea

Iniciación de procedemento sancionador