Mediante Resolución do 28 de decembro de 2015 (DOG núm. 248, do 30 de decembro), publicáronse as bases reguladoras das axudas do Igape para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e procédese á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2016, por trámite anticipado de gasto.
O órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 10 das ditas bases reguladoras está analizando as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.
Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.
O artigo 10.2 das bases reguladoras dispón que, de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b) e 60 da Lei 30/1992, este requirimento de emenda se realizará preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.
En virtude do anterior,
RESOLVO:
Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitudes de axuda xa revisadas que deben ser obxecto de emenda segundo se recolle no anexo a esta resolución.
Segundo. Requirir os solicitantes incluídos no dito anexo para que, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos conforme se lles indique na información detallada do requirimento dispoñible no enderezo www.tramita.igape.es, á cal accederán a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co NIF e código IDE, desde a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), na oficina virtual.
Terceiro. De acordo co disposto no artigo 10.2 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, terase por desistido na súa petición o solicitante e arquivarase o expediente, tras a correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 1 de abril de 2016
Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
ANEXO
Solicitudes de axuda suxeitas a emenda de documentación
Núm. expediente |
Titular do expediente |
NIF |
IG208.2016.1.2 |
Bioga. Clúster Tecnológico Empresarial das Ciencias |
G70259312 |
IG208.2016.1.3 |
Ageinco |
G36942720 |
IG208.2016.1.4 |
Asociación de Adegueiros e Transformadores do Miño |
G27292051 |
IG208.2016.1.5 |
Agmma (Asociación Gallega de Moldistas, Matriceros y Afines) |
G36912962 |
IG208.2016.1.6 |
Confederación Empresarial de Ourense |
G32012742 |
IG208.2016.1.7 |
Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro |
G32252587 |
IG208.2016.1.9 |
Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) |
G36983575 |
IG208.2016.1.10 |
Confederación Empresarial de Lugo |
G27019793 |
IG208.2016.1.11 |
Ineo |
G36969525 |
IG208.2016.1.13 |
Asociación Nacional de Criadores de Ganado Vacuno Selecto de Raza Rubia Gallega |
G27007061 |
IG208.2016.1.14 |
Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) |
G70377338 |
IG208.2016.1.15 |
Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego |
G70115282 |
IG208.2016.1.17 |
Asociación Clúster do Audiovisual Galego |
G15891260 |
IG208.2016.1.18 |
Fundación CTAG (Centro Tecnológico de Automoción de Galicia) |
G36871424 |
IG208.2016.1.19 |
Clúster TIC Galicia |
G70157581 |
IG208.2016.1.20 |
Asociación Galega de Turismo Rural |
G36192888 |
IG208.2016.1.21 |
Federación Gallega de Asocs. y Gremios de Joyería, Platería y Relojería |
G15086366 |
IG208.2016.1.22 |
Asociación Clúster del Naval Gallego |
G15710338 |
IG208.2016.1.23 |
Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime) |
G36614774 |
IG208.2016.1.24 |
Asociación Clúster da Alimentación Ecolóxica de Galicia |
G27428465 |
IG208.2016.1.25 |
Asociación Clúster de la Madera de Galicia |
G32290439 |
IG208.2016.1.26 |
Confederación Industrias Textiles de Galicia |
G36681039 |
IG208.2016.1.27 |
Asociación Gallega de Graniteros |
G36644961 |
IG208.2016.1.28 |
Asociación Clúster Alimentario de Galicia |
G27407212 |
IG208.2016.1.29 |
Clúster de Pizarra de Galicia |
G32405979 |
IG208.2016.1.30 |
Clúster del Agua Mineral y Termal de Galicia |
G70311568 |
IG208.2016.1.31 |
Consello Regulador D.O. Ribeiro |
Q8255201I |
IG208.2016.1.32 |
Gremio Provincial de Carniceros y Charcuteros de Ourense |
G32015729 |
IG208.2016.1.33 |
Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense |
G32111882 |
IG208.2016.1.34 |
Asociación de Empresarios do Couto |
G32380065 |
IG208.2016.1.35 |
Agrupación Innovadora Clúster de la Carne de Galicia |
G32432221 |
IG208.2016.1.36 |
Consello Regulador Rías Baixas |
Q8655030H |
IG208.2016.1.37 |
Asoc. Pequenas Empresas Exportadoras Produtoras do Agro-Mar |
G70479852 |
IG208.2016.1.38 |
Asociación Ruta do Viño Rías Baixas |
G36597201 |