Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo; rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no TEU do BOE.
A Coruña, 28 de marzo de 2016
Rosa Mª Gallego Neira
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Desafiuzamento: 15/15.
Interesada: Mª Teresa Bustelo Romero.
Acto notificado: resolución do procedemento de desafiuzamento por non ocupación e falta de pagamento.