A Secretaría Xeral de Medios ditou resolución do expediente sancionador SXMEDIOS 6/2015 en materia de prestación do servizo de comunicación audiovisual.
Ante o resultado negativo de dous intentos de notificación no domicilio sinalado pola persoa interesada e de conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio emprázase a persoa que a continuación se relaciona para ser notificada por comparecencia da resolución do expediente sancionador SXMEDIOS 6/2015.
A dita comparecencia poderá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias desta Secretaría Xeral de Medios, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Contra a mencionada resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a Secretaría Xeral de Medios, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa segundo dispón a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da dita xurisdición. Os prazos de interposición de cada recurso serán, respectivamente, dun mes e dous meses computados desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez días antes sinalado ou da comparecencia da persoa interesada, de ser o caso.
Expediente: SXMEDIOS 6/2015.
Denunciado: Faustino Louzao Pan.
Resolución: 26 de febreiro de 2016.
Precepto infrinxido: artigo 57.6 da Lei 7/2010 xeral de comunicación audiovisual.
Sanción imposta: 100.001 euros, cesamento de emisións e precintaxe provisional dos equipamentos e instalacións utilizados para a emisión.
Santiago de Compostela, 1 de abril de 2016
Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios