Con data do 21 de setembro de 2015, a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar ditou resolución pola que se acorda o inicio do procedemento declarativo do reintegro de axudas concedidas a Biba Diferente, S.L., con números de expedientes TR340E 2012/4-0 e TR340E 2012/10-0.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á persoa interesada o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.
De conformidade co previsto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle á persoa interesada un prazo de dez días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta dirección xeral.
Lémbraselle tamén o seu dereito para consultar o expediente, depositado nas dependencias desta secretaría xeral, sitas na rúa San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2016
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego
ANEXO
Nº de expedientes: TR340E 2012/4-0 e TR340E 2012/10-0.
Beneficiaria: Biba Diferente, S.L.
NIF: B70299516.
Último enderezo coñecido: rúa Federico Tapia, 41, 5º esquerda,15005 A Coruña.
Procedemento: axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT): axudas para o inicio e posta en marcha da actividade e axudas para a creación directa de emprego estable (TR340E 2012/4-0 e TR340E 2012/10-0, respectivamente).
Datas das resolucións de concesión: 28.6.2012 (TR340E 2012/4-0) e 14.8.2012 (TR340E 2012/10-0).
Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal as persoas traballadoras contratadas durante un período mínimo de tres anos.
Precepto infrinxido: número 2 do artigo 20 da Orde do 2 de marzo de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (DOG núm. 51, do 13 de marzo).
Contía da subvención percibida para inicio e posta en marcha da actividade: 5.349,27 euros.
Contía da subvención percibida para creación directa de emprego estable: 6.000 euros.
Contido da resolución: acordo de inicio de procedemento de reintegro da axuda.