De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á entidade relacionada no anexo o acordo de iniciación do expediente de reintegro da subvención concedida.
Os interesados poderán comparecer nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, 2º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro do acordo e a constancia de tal coñecemento nun prazo de quince días.
Os interesados poderán alegar ou presentar os documentos que consideren pertinentes nun prazo de quince días ante o director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os mencionados prazos se contarán a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no TEU do BOE.
Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2016
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego
ANEXO
Entidade: Federación de Autónomos para el Fomento de la Formación (AFFEC).
Enderezo: r/ Príncipe de Vergara, 56, baixo 3, 28006 Madrid.
Nº expte.: PF 2009/000071.
Acto que se notifica: acordo de iniciación de procedemento de reintegro.
Data do acto: 8 de febreiro de 2016.
Preceptos incumpridos: artigo 21.3 da citada Orde do 23 de setembro de 2009 e artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cantidade que hai que reintegrar: 21.175,60 €.