Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 12 de abril de 2016 Páx. 13218

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do contrato reservado dos servizos auxiliares de apoio para un proxecto de preservación ex situ do cabalo de pura raza galega, que se desenvolverá no Centro de Razas Equinas Autóctonas de Galicia (CREAG) en Sergude-Boqueixón (A Coruña) (expediente 3/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: contrato reservado dos servizos auxiliares de apoio para un proxecto de preservación ex situ do cabalo de pura raza galega que se vai desenvolver no Centro de Razas Equinas Autóctonas de Galicia (CREAG) en Sergude-Boqueixón (A Coruña).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23663

d) Diario oficial e data de publicación dos anuncios de licitación: DOUE do 19 de decembro de 2015, BOE do 24 de decembro e DOG núm. 4, do 8 de xaneiro de 2016.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto; aberto suxeito a regulación harmonizada. Contrato reservado a centros especiais de emprego.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 198.000,00 €; IVE: 38.926,80 €. Importe total: 236.926,80 €, cuxa distribución por anualidades é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Valor estimado: 389.400,00 € (incluídas posibles prórrogas e ampliacións).

5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondos Feader PDR 2014-2020. Medida 10, submedida 10.2. Porcentaxe cofinanciada: 75 %.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 16 de febreiro de 2016.

b) Adxudicataria: Aspas Emprego, S.L.

c) Importe de adxudicación (sen IVE): 186.000,00 €; IVE (21 %): 39.060 €. Importe total (con IVE): 225.060,00 €.

d) Data de formalización do contrato: 17 de marzo de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta admitida á licitación e cumpriu cos requisitos técnicos exixidos nos pregos.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2016

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural