Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx. 13796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con varios criterios de adxudicación, da redacción do proxecto básico e de execución dunha pista de atletismo hidráulica cuberta e a execución da obra de instalación da pista, no recinto feiral de Expourense en Ourense (expediente 1/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición do obxecto: redacción do proxecto básico e de execución dunha pista de atletismo hidráulica cuberta, e a execución da obra de instalación da pista no recinto feiral de Expourense en Ourense.

c) Prazo de execución: 20 semanas, de acordo coas condicións establecidas nos pregos.

d) Admisión de prórrogas: non.

e) CPA: 42.99.12 Obras deportivas e recreativas.

f) CPV: 45212200-8 Traballos de construción de instalacións deportivas.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e con varios criterios de adxudicación.

4. Valor estimado: 2.256.243,38 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 2.256.243,38 €; IVE (21 %): 473.811,11 €. Importe total: 2.730.054,50 €.

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación (IVE excluído): 112.812,17 euros.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: consultar os pregos de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: mediante a presentación dos documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Obtención de documentación e información:

a) Dependencia: Secretaría Xeral para o Deporte, Servizo de Contratación e Xestión Económica.

b) Domicilio: rúa de Madrid, núm. 2-4 (2º andar), As Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 881 99 63 52 e 881 99 63 49. Fax: 881 99 63 56.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

e) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24064

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural posterior á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en día inhábil ou sábado, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte, sita na rúa de Madrid, núm. 2-4 (2º andar), As Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela. Fax: 881 99 63 56. Tamén se poderá presentar por correo certificado conforme as especificacións establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte, rúa de Madrid, núm. 2-4, (2º andar), As Fontiñas.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data: publicarase na plataforma de contratación pública de Galicia.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2016

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte